O concello de Ribeira asume a xestión integral do saneamento

RIBEIRA> O concello de Ribeira asumirá a xestión integral do saneamento. A corporación aprobou o convenio con Augas de Galicia nun pleno celebrado a pasada noite. O acordo foi posible grazas ó cambio do sentido de voto do PSOE.

O pleno ribeirense aprobou in extremis o convenio con Augas de Galicia para que o concello asuma a xestión integral do sistema de saneamento do municipio. Hoxe era a data límite posto que se non houbera acordo a Xunta comezaría a asumir a xestión da EDAR de Couso a partir do un de febreiro. A aprobación do acordo foi posible grazas ó cambio do sentido do voto do PSOE que apoiou a iniciativa do goberno mentres que BNG e Suma Ribeira abstivéronse.

O Partido Independente do Barbanza votou en contra alegando falta de tempo para estudar toda a documentación da auditoría externa.

Trala aprobación do convenio a corporación deu luz verde á ordenanza fiscal que regulará a taxa de saneamento. Finalmente suporá un incremento de setenta e un euros ó ano fronte ós preto de cen da proposta inicial. Aínda así,as arcas municipais deberán asumir un déficit de douscentos oitenta mil euros.

A medida incorpora as bonificacións para os colectivos máis vulnerables propostas pola oposición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí