A vela estréase como modalidade deportiva dentro do Torneo Panos Brancos Contra a Droga

VILAGARCIA> A vela estréase na décimo segunda edición do torneo Panos Brancos Contra a Droga. 15 alumnos de 5 centro educativos diferentes de Vilagarcía competiron nesta primeira experiencia deportiva.

A décimo segunda edición do Torneo Panos Brancos Contra a Droga sumou un novo deporte á súa competición: a vela. Nesta primeira experiencia participaron 5 centros educativos de Vilagarcía. A idea xurdiu dos alumnos do ciclo deportivo de vela do IES Bouza Brey.

Os institutos participantes foron: o IES Bouza Brey, o IES Castro Alobre, o IES Armando Cotarelo Valledor, o CPR Filipenses e o CPR San Francisco. Cada embarcación estivo composta por 3 alumnos.

Os participantes competiron en embarcacións clase Elliot e completaron unha distancia por rolda de 0,2 millas.

A pesar do mal tempo, dende a organización e o centro fan unha valoración positiva.

A vitoria final foi para o IES Bouza Brey. Dende a organización quixeron resaltan que o triunfo verdadeiro é que o alumnado faga deporte e tome conciencia na problemática das drogas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí