Tomás Fole propón a creación dun foro sobre a muller

    fole_pp_copia100.jpgVILAGARCÍA> Fole reuniuse cun grupo de mulleres, afiliadas e simpatizantes do PP. O presidente dos populares vilagarciáns propuxo a creación dun foro sobre a muller, no que se debatan todos os temas que preocupan a este colectivo.

    {flowplayer}images/salnes/TOMAS_FOLE.flv{/flowplayer}

     Máis dun centenar de mulleres se deron cita na sede do PP en Vilagarcía para dar o seu respaldo a Tomás Fole. As concelleiras Rocío Llovo e Teresa Rey, as presidentas da Asociación Protectora de Animais e do Gato Negro, foron algúns dos apoios máis visibles, nun acto no que non faltaron representantes de ONG, profesoras, empresarias, amas de casa avogadas, artistas e profesionais da medicina.

    O candidato á presidencia alabou o papel da muller na historia e na sociedade actual algo que, asegurou, tivo claro dende os seus inicios na dirección do PP. Fole prantexou ás súas compañeiras de partido a creación dun foro popular de mulleres. Segundo o presidente popular, esta proposta serviría para crear un elemento de reflexión, apoio e asesoramento.

    Todas as mulleres presentes apoiaron sen fisuras a Fole para que continúe presidindo o PP de Vilagarcía. Rocío Llovo, recalcou que nos sete anos que leva traballando con el sempre se rodeou de mulleres e apostou por elas nas listas.

    Pola súa parte, Arantxa Rey de Novas Xeracións, afirmou que Fole aposta polos xoves e polas mulleres. Outra que tomou a palabra foi Lourdes Durán, a primeira presidenta do Gato Negro nos 88 anos de historia da asociación. Asegurou que non houbo moitos homes que non crían nela, pero que Tomás Fole si.

    Fole apuntou que o Partido Popular de Vilagarcía serviu como plataforma para mulleres como Marta Rodríguez Arias, hoxe número tres do partido en Galicia.

    Redacción Salnés