Novas achegas á conservación e posta en valor dos Castros de Baroña

 PORTODOSON> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde sonense, Luis Oujo, asinaron dous convenios de colaboración por valor duns 50 mil euros.

{flowplayer}barbanza/conveniodeputacioncastrosbaronha.flv{/flowplayer}

O primeiro dos convenios permitirá a realización de diversas actividades e iniciativas culturais, como é o caso dos traballos de campo cos centros educativos e visitas guiadas, así como tamén exposicións ou xornadas formativas sobre o xacemento castreño. A achega para este fin ascende a uns 20 mil euros. O segundo dos acordos, posibilitará a execución de varios traballos de conservación das estruturas dos catros, para facilitar así a súa observación e estudo. Nesta actuación, a institución provincial investirá uns 30 mil euros, a metade do orzamento total, que ascende a uns 60 mil.

Oficina recepción visitantes

O rexedor sonense tamén informou das obras de construción da nova oficina de recepción de visitantes ós castros, cuxos traballos se están a desenvolver actualmente, grazas a unha subvención con fondos Agader.

Redacción Barbanza