Deputación e Vilanova Centro reparten 34 ordenadores

    VILANOVA> A asociación de comerciantes Vilanova Centro repartiu un total de 34 ordenadores portátiles entre os seus asociados.

    {flowplayer}images/salnes/ordenadores_vilanova_centro.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A asociación de comerciantes Vilanova Centro repartiu un total de 34 ordenadores portátiles entre os seus asociados.

    Os notebooks foron subvencionados con 4.500 euros pola Deputación de Pontevedra, inda que tamén contribuíu a asociación con 100 euros por cada asociado e o resto achegárono os propios comerciantes. O acto de entrega celebrouse onte á noite no salón de pleno do Concello de Vilanova. O colectivo de comerciantes agradeceu a axuda da administración nesta iniciativa pioneira.

    Desde a Deputación destacouse o dinamismo que vive o comercio local de Vilanova. José Juan Durán considera que detrás está o esforzo dos comerciantes, a colaboración do Concello e o traballo da asociación.

    Na entrega dos ordenadores estiveron, amais do vicepresidente da Deputación e do presidente de Vilanova Centro, o alcalde Gonzalo Durán, e mailo presidente de FECA, José Luís Vilanova.

    Redacción Salnés