O Concello apura os prazos para dar licencia ó centro de saúde de Vilalonga

    revel100_030608.jpgSANXENXO > O Concello de Sanxenxo apurará os prazos para conceder a licencia de obra do centro de saúde de Vilalonga.

    A Consellería de Sanidade remitiu ó Concello de Sanxenxo a solicitude de licencia de obra para construír o centro de saúde do Revel, en Vilalonga. Ademais indicou que ten previsto anunciar en breve a contratación dos traballos, cun investimento de 770.000 euros.

    O Concello informou que axilizará os prazos de concesión do permiso de obras para que esta infraestructura sexa canto antes unha realidade. De feito, o proxecto básico e de execución recibido onte xa foi trasladado á Xerencia Municipal de Urbanismo para o seu estudio e elaboración dos preceptivos informes.

    O goberno local lembra que en abril formalizou a cesión ó Sergas dunha parcela de máis de 4.000 metros cadrados para o centro de saúde, terreo valorado nuns 360 mil euros. O ambulatorio de Vilalonga terá unha superficie útil de 562 metros cadrados, distribuídos nun só andar.

    Redacción Salnés