Veciños de Noalla reclaman a reapertura do camiño Ós Tilos

    noalla copia100.jpg SANXENXO> O camiño desapareceu ó empezar as obras da urbanización Os Tilos. A día de hoxe, quedou dentro deste terreo. 

    {flowplayer}images/salnes/SinaturasUrbanizacionNoalla.flv{/flowplayer}

    En total de 160 sinaturas recollidas pola Asociación de Veciños de Noalla e presentadas onte no Rexistro da Xerencia de Urbanismo coas que os veciños queren facerlle chegar ó concello a súa indignación con esta situación. Nun principio o compromiso que se lles fixo a estes veciños foi que a urbanización deixaría aberto este paso para que os veciños pudieran seguir empreñando un camiño que levaba anos cumprindo a súa función na zona. Pero agora as obras da urbanización están paradas e a zona vaiada. Polo que teñen o paso pechado.

    Dende a asociación de veciños reclaman ó concello que actúe e que se posicione, para ver de qué lado está.

    Para eles esta espera que podería alongarse durante anos é impensable e piden unha solución o problema xa.

    Pola súa parte o concelleiro de urbanismo, Ángel Casal di que xa estaba previsto que o camiño desaparecese para sustituílo por viales de nova apertura e que esos viales a pesares de estar xa feitos non se abriron aínda porque a empresa promotora fáltalle un último trámite por realizar. Trámite que segundo el non se vai demorar no tempo polo que a apertura se vai facer en breve.

    Ademais quixo recordar que o Concello conseguiu que a promotora acometese máis actuacións das que estaba obrigada a facer, tales como o asfaltado dun camiño fora do ámbito ou as tarefas apra formigonar as cunetas.

    Redacción Salnés