VILANOVA> A concentración parcelaria de Baión podería contar antes de finais do verán con tódolos trámites mediambientais precisos. {flowplayer}images/salnes/rolda_vilanova.flv{/flowplayer} A partires de aí comezaría a planificación dos accesos dunha reordenación que afecta a 1.500 veciños. No tocante a de Tremoedo, asegura que avanza a bo ritmo e as súas pistas estarán rematadas antes de finais de ano. Ámbalas dúas actuacións suporán unha importante mellora para a economía da zona. Corte 1: vai a supoñer un cambio a concentración parcelaria. Mellora Ca Conselleira. Nas conversas mantidas con este departamento autonómico de Medio Rural, arestora ligado á Consellería do Mar, o Alcalde de Vilanova aproveitou tamén para trasladarlle a petición de dúas decenas de propietarios de embarcacións de Vilanova respecto á súa regulación. Durán asegura que a disposición da titular de Mar é favorable, ó que lle fai ser optimista sobre unha posible prórroga para que os armadores poidan legalizar os seus barcos. Neste senso, o rexedor vilanovés despachouse a gusto en contra da burocracia que hoxe en día impera nas administracións públicas e que obstaculiza a actividade productiva dos cidadáns,coma neste caso, avogando porque o cargo dos funcionarios non sigan a ser vitalicios sen revisión ate o de agora. Noutra orde de cousas tamén anunciou unha visita médicos e persoal sanitario de Cuxhaven que coincidirán esta fin de semana na Variante Espiritual do Camiño de Santiago polo Salnés con 150 portugueses. O éxito deste producto é tal que mesmo a Mancomunidade do Salnés asistirá a vindeira Festa Marítima de Kiev, para explicar este proxecto nesta cidade alemana co que intentar atraer así un maior número de turistas á contorna. Redacción Salnés
Inicio Salnés - Caldas









