Cambados homenaxea a Ramón Piñeiro coa tradicional ofrendal floral

    ofrenda_floral_cambados100.jpgCAMBADOS> O Concello comezou, o venres, cos actos con motivo do Días das Letras Galegas. Que continúan durante toda a fin de semana.

    As letras galegas deste ano van dedicadas ao ideólogo Ramón Piñeiro. Unha figura destacada no mundo da Cultura Galega.

    Cambados honrou hoxe a súa figura no acto que se celebrou, este mediodía, no monumento da Calzada. O alcalde colaborou no acto en representación do Concello e entregou unha ofrenda floral. É a primeira vez que Luis Aragunde exerce de anfitrión do acto, despois de ser nomeado primeiro edil, en substitución de José Manuel Cores Tourís.

    Minutos despois foron os escolares os que protagonizaron o acto, organizado polo Instituto Ramón Cabanillas. Os nenos de nenas de Cambados leron poemas do bardo de Fefiñáns. Varios murais con imaxes e poemas de Ramón Piñeiro recordan a súa obra, que cambiou mentalidades a mediados do século XX, nunha Galicia sumida no atraso cultural e social.

    Cambados continuará durante a fin de semana cos actos organizados polo días das letras galegas. O sábado haberá unha feira do libro, organizada polos libreiros do municipio. A música chegará á localidade o domingo co o tradicional concerto da banda de música de Castrelo. Que se celebrará na praza de Alfredo Brañas a partir da 1 da tarde. O repertorio está centrado na obra de autores da terra.

    Na tarde do domingo celebrarse unha actuación de María do Ceo. Quen interpretará versos musicais de varios poetas galegos, cunha dedicación especial a Ramón Cabanillas. O acto terá lugar no auditorio da Xuventude, a partir das 8 e media da tarde.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/150509_ofrenda_floral_cabanillas.flv{/flowplayer}