![]()
{flowplayer}images/salnes/portas_abertas_barco.flv{/flowplayer} … se puidese embarcar por uns minutos neste barco e coñecer os seu interior. A Directora do Intecmar, Covadonga Salgado, e a Presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, foron as encargadas de inaugurar estas visitas que se organizan co gallo da celebración o sábado do Día Mundial dos Oceános. Para conmemorar este día, ducias de escolares puideron acceder a este barco atracado no peirao do Ramal e atender ás explicacións da súa tripulación. Os cativos alucinaron co equipamento desta embarcación, principalmente ca ponte de mando onde se encontraron aparellos nunca vistos. Esta xornada de portas abertas non é só para cativos: calquera curioso pode achegarse ata esta embarcación e pedir que lle ofrezan unha visita guiada sen ter que cumprir algún. Os alumnos do Colexio San Francisco de Vilagarcía recoméndanlle este entretemento. Redacción Salnés








