UXT Pontevedra-Arousa presenta unha executiva ‘equilibrada e paritaria’

{hwdflowplayer provider=video,mp4=images/ano2013/09setembro/17/NovaExecutivaUXT_170913.mp4,width=500,align=center,image=images/ano2013/09setembro/17/NovaExecutivaUXT_170913.mp4}

UXT presentou en Vilagarcía á que é a súa nova executiva, elexida o pasado xoves no Congreso da Unión Pontevedra-Arousa. As dúas comarcas moveranse a partir de agora como unha soa neste sindicato. O seu secretario xeral, Ramón Vidal, considera que este cambio organizativo fará mellorar os servizos que prestan ós seus afiliados. Logo do congreso da semana pasada no que se fusionaron as comarcas de Arousa e Pontevedra, e no que os delegados sindicais elixiron a Ramón Vidal como novo secretario xeral, hoxe tocou presentar o equipo da executiva en Vilagarcía. Vidal Trillo afronta esta nova etapa con optimismo e gañas de coñecer rapidamente a realidade da comarca da Arousa. Neste día de constitución da executiva, Ramón Vidal destacou que a atención a ámbalas dúas comarcas será equilibrado e que se buscará sinerxías entre elas para mellorar os servizos que ofertan. A nova executiva de UXT é paritaria. Está formada por seis persoas, tres pertencentes á Arousa e outras tantas a Pontevedra. Camilo Dios será secretario de administración, Ramón Torrado de formación, Carlos Javier Esperón en Acción Sindical, Encarnación Cochón en Atención ós Afiliados e Igualdade e Rosario Muñiz en Innovación e saúde laboral. A secretaria de organización será María Teresa Filgueira.