O centolo acada os 18,75 euros nun arranque de campaña por debaixo do agardado

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/subasta_centolo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/subasta_centolo.mp4{/flowplayer}

 

O GROVE> Os primeiros centolos do Grove nesta campaña xa están máis preto do consumidor. A flota meca saíu hoxe a faenar na procura deste prezado crustáceo nun arranque de temporada desigual para as embarcacións: excelente para uns, decepcionante para outros. Mellor recibido foi o prezo que se conseguiu na poxa. Ata 18 euros con 75 céntimos se pagaron polos primeiros quilos.

Ata 18 euros con 75 céntimos se pagou o centolo esta tarde na lonxa de O Grove. Os primeiros quilos marcharon para unha marisquería en Burela, estreando así unha campaña que arrancou de xeito desigual para as embarcacións.

Hoxe se abriu por fin a campaña e saíron ao mar as 60 embarcacións da flota meca na procura do prezado crustáceo, estrela da lonxa grovense. Aínda que moitas non conseguiron acadar os topes, o que non decepciona é a calidade.

Unha calidade e un prestixio que hai que protexer. Tanto que a confraría de O Grove decidiu subir o prezo de retirada: o centolo non se venderá na rula meca por debaixo dos oito euros.

Tampouco fallou a expectación. Pola tarde, a lonxa bulía con mariñeiros, compradores e curiosos que non quixeron perder a primeira poxa desta campaña do centolo que, aínda que frouxa, deixa aberta unha campaña que manterase en boa forma ata despois do día de Reis.