Saída de vía en Vilaxoán

Esta tarde o condutor dun todoterreno Suzuki Vitara perdía o control do seu vehículo en Vilaxoán, na carretera que une o porto comercial con esta vila. O vehículo estivo a piques de precipitarse o mar pero foi retido pola varanda que resultou seriamente danada. A Policía local tivo que acordonar a zona e regular o tráfico para evitar novos accidentes, namentres que unha grua tentaba retirar o vehículo, evitando que se precipitase o mar.