‘A colaboración cos cidadáns un dos valores da Policía Nacional’

PONTEVEDRA> A Policía Nacional celebrou o día do seu patrón, os Anxos Custodios, ó logo e ancho de toda a xeografía española. En Pontevedra o acto solemne tivo lugar no Centro Social de Novagalicia Banco. Unha gala na que abondaron os recoñecementos e felicitacións á labor prestada por este Corpo de Seguridade. A Policía Nacional celebrou o día do seu Patrón, os Anxos Custodios, nun acto no que non faltaron os recoñecementos dos distintos organismos e entidades á labor cotiá que desenvolve este colectivo, labor que cada día conta cun maior recoñecemento da sociedade. O Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, na Provincia, Antonio Coello, foi o encargado de verbalizar este agradecemento durante a cerimonia celebrada no Centro Social que Novagalicia Banco ten na cidade do Lérez. Como cada ano, o acto oficial consistiu na entrega de condecoracións ós altos cargos e axentes da Policía Nacional que destacaron nos últimos tempos pola súa labor. Amais dos propios axentes en servizo, recibiu unha mención especial o policía retirado José María Grandío Arias, por toda unha vida de dedicación ó corpo. Cabe salientar tamén, entre as distincións feitas a persoas alleas a este colectivo, a condecoración de Elena Isabel Moreira, a xuíza titular do xulgado número 3 de Vilagarcía, así como o recoñecemento á colaboración cidadá dos civís Mónica Torres Pousada e Francisco Charlín Martínez. Como colofón, a Policía Nacional homenaxeou a aqueles efectivos que pereceron en acto de servizo, coa ofrenda dunha coroa de loureiro á figura do Santo Patrón. Tralo acto oficial, representantes das Forzas Vivas da Cidade e doutros corpos de Seguridade alternaron cos Axentes da Policía Nacional na degustación do tamén tradicional viño español. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/homenaxepolicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/DIA POLICIA NACIONAL.mp4{/flowplayer}