PONTEVEDRA> Alfonso Rueda mantivo hoxe un encontro con representantes dos traballadores de Ence. O obxectivo: manifestarlles o seu apoio sobre a retirada do artigo 18 da Lei do Cambio Climático. Ademais do presidente do PP en Pontevedra, na reunión estivo presente o deputado nacional Diego Gago.
O PP mantivo hoxe un encontro con representantes dos traballadores de Ence. Na reunión, os populares trasladáronlles a súa preocupación pola aprobación da Lei do Cambio Climático. En concreto, polos puntos 3 e 4 do artigo 18. Uns apartados que afectaran directamente á continuidade da pasteira en Lourizán.
Os populares lamentaron que o Goberno tome a decisión de aprobar este artigo nun dos peores momentos da pandemia, xa que esta lei traería graves consecuencias para a comarca, tal e como aconteceu no seu momento co peche de Elnosa.
Pola súa banda, a alcaldesa de Marín mostrouse moi pesimista pola aprobación desta lei e asegurou que é necesario gañar un horizonte de seguridade para manter así os investimentos e o emprego.
Os populares aseguraron que as vindeiras semanas son decisivas para o futuro de Ence pero esperan poder suprimir o artigo 18 no debate en comisión. Algo que tamén reclaman os deputados de Ciudadanos, PNV, BNG e VOX.