MEIS> Se te vas a poñer malo, que sexa por pouquiño. Esta frase pode lerse nun cartel no centro médico de Paradela en Meis. O motivo polo que o puxeron é porque o Sergas volveu a deixar sen atención ao centro sanitarios. O goberno local xa mandou un escrito a consellería pedindo explicacións e solucións á consellería.
O concello de Meis volve verse afectado pola falla de facultativos sanitarios. Á ausencia do pediatra e do médico do centro de saúde de Paradela agora súmase a súa doutora substituta. Deixando ao centro sen asistencia médica nin onte nin hoxe.
No centro sanitario colga un cartel coa frase “Se te vas poñer malo que sexa por pouquiño”. Unha protesta da veciñanza á que tampouco se lle comunicaron as alternativas.
Segundo a alcaldesa, esta situación de abandono e falla de comunicación por parte do Sergas non é nova. Advirte que seguen sen atopar unha solución ao servicio de pediatría na localidade.
Marta Giráldez tamén respondeu ao xerente do hospital do Salnés quen explicou que a falta de facultativos nos centros médicos débese ao alto porcentaxe de baixas e non a unha mala planificación.
O goberno local xa mandou un escrito á consellería esixindo unha explicación. Piden solucións e advirten que non van a parar ata que se dignifique a sanidade en Meis.