Zona Centro de Cambados pide máis zonas para aparcar logo da peonalización da praza de Asorei

CAMBADOS> Zona Centro, o colectivo de comerciantes cambadeses, amósanse conforme coa peonalización da praza de Asorei. Cren que este cambio pode afectar algo aos comercios, especialmente nas tarefas de carga e descarga. Por iso, pídenlle ao concello que axilice o cambio de normativa para que se estableza uns horarios para que os vehículos de transporte poidan acceder á zona. Piden tamén recuperar as prazas de aparcadoiro que se van perder co peche.

Zona Centro non ve mal a peonalización da praza de Asorei de Cambados, pero pide que se tome medidas para non xerar consecuencias nos establecementos da zona. O colectivo de comerciantes insta ao concello a que axilice o cambio de normativa para que se estableza uns horarios para que os vehículos de transporte poidan acceder á zona.

O que propón Zona Centro é que se permita á zona peonil o acceso dos vehículos de transporte para abastecer os locais nunhas determinadas horas do día.

A asociación de comerciantes tamén pide que se recuperen as seis prazas de aparcadoiro que se van perder coa peonalización.

Esta peonalización súmase a outras do barrio de Fefiñáns, unha zona moi frecuentada por veciños e visitantes. Os comerciantes confían en que a supresión dos coches convide aínda máis ao paseo e que iso se acabe notando nos establecementos próximos. A medida vai entrar en vigor este xoves ás 9 da mañá.