O museo Valle-Inclán abrirá de novo o 18 de outubro

    POBRA; As instalacións permaneceron pechadas a consecuencia da realización dunha serie de obras de remodelación e conservación no edificio. Ó acto inaugural está prevista a asistencia do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez.

    Despois dun período de varios meses pechadas, as instalacións do museo Valle-Inclán volverán a abrirse ó público o vindeiro 18 de outubro. Así o confirmou esta mañá o alcalde, Isaac Maceiras, durante unha visita realizada ó emblemático edificio, na que estivo acompañado pola edil de Turismo, Encarnación González, e o director do museo, Antonio González Millán. Á inauguración está prevista a asistencia do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez. As obras, sufragadas na súa totalidade polo departamento de Cultura da Xunta, tiveron un custe duns 40 mil euros. A maioría delas respondían as propias necesidades de conservación do museo, con melloras no reforzo da seguridade coa instalación de cámaras de videovixilancia, tanto no interior como no exterior do edificio, así como a rehabilitación da carpintería exterior e a retirada do cableado á vista nas distintas salas do museo. Ademais aproveitouse o peche das instalacións para realizar unha nova formulación das distintas estancias e contidos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/obrasmuseovalleinclanpobra031013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/obrasmuseovalleinclanpobra031013.mp4{/flowplayer}