Chapuzón Puro Lérez

    loreslerez_100_010506.jpgPONTEVEDRA > Dentro da campaña que o Concello de Pontevedra leva a cabo para promocionar a pureza da auga do río Lérez, o alcalde, Fernández Lores botoulle valor e pegouse un chapuzón nas frías augas do río. Lores cumpriu o sábado a súa promesa de se botar á auga se, durante o seu goberno, lograba sanealo co obxectivo de crear nun futuro unha praia fluvial.

    loreslerez_200_010506.jpgDesta guisa e acompañado para a ocasión de compañeiros de partido, deportistas e veciños de Pontevedra, o alcalde Miguel Anxo Fernández, logrou acaparar a atención de tódolos medios no que se converteu nun dos baños máis fotografados, cando menos, da primavera. Centos de pontevedreses reunidos á beira do río apoiaron o zambullido nas frías augas dende un pantalán que se instalou para a ocasión.

    loreslerez2_200_010506.jpgO rexedor pontevedrés catou primeiro a auga o mesmo que o seu homólogo en Poio, Luciano Sobral, e procurando non pensalo moito… tirouse de cabeza ó Río Lérez. Detrás del, foron, veciños de Pontevedra que, animados polas excelentes temperaturas que deixou o sábado, se pegaron tamén o chapuzón de rigor. Tralo paseo acuático, o alcalde volveu ó pantalán e asegurou que o frialdade da auga foi o peor do baño. O éxito que terá para os bañistas o río como destino dos seus chapuzóns aínda é cedo para determinalo. O que sí lle podemos asegurar é que ó baño do sábado atrevéronse bañistas de todo tipo.

    Redacción Salnés