Fajardo: “Do PXOM benficiaranse o alcalde e catro promotores”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/fajardo600_091013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/EUPxomVilagarcia_091013.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> Siguen chovéndolle paus a Tomás Fole. Onte foron BNG e PSOE os que criticaron a súa forma de informar á oposición sobre o novo PXOM de Vilagarcía. O alcalde non escapou das críticas de Esquerda Unida, que se pronunciou esta mañá. Din que o rexedor quere aparentar diálogo e negociación pero que fai todo o contrario. Así de duro se amosaba Juan Fajardo esta mañá co alcalde. Indicou que un documento tan importante como o PXOM non se pode esconder nin a oposición nin os cidadáns do xeito que o fai o Partido Popular. O líder de Esquerda Unida en Vilagarcía di que o novo PXOM está feito por e para os promotores inmobiliarios. Un proxecto, segundo Fajardo, que lembra ó feito polo alcalde Javier Gago e que o que pretende é enriquecer ós constructores e tamén ó propio alcalde. Esquerda Unida refíurese a que as zonas verdes dependerán da iniciativa privada e que tan só o chan forestal librarase de ser urbanizable, algo que botará do rural a milleiros de familias. Fajardo considera aberrante que o plan proxecte a construcción na vindeira década de 6.600 vivendas cando na actualidade hai máis de 4.000 baleiras. Se ben o alcalde non está obrigado por lei a entregar o PXOM á oposción ata unha semana antes de ser levado a pleno para a súa aprobación, Fajardo explicou que non é ético non infromar á cidadanía con tempo dun plan tan importante, que marca o futuro de Vilagarcía a quince anos vista.