NGB colaborará coa Cámara de Comercio para seguir formando emprendedores

    VILAGARCÍA> NovaGalicia Banco e a Cámara de Comercio de Vilagarcía asinaron esta mañá un convenio de colaboración a través do cal intentarán impulsar a formación de emprendedores. Dende a entidade cameral tamén informaron sobre as accións de internacionalización que levarán a cabo en Reino Unido e Latinoamérica. O acordo asinado esta mañá entre NovaGalicia Banco e Cámara de Comercio de Vilagarcía non conta cunha cantidade económica fixada. Esta irase negociando no tempo, conforme se vaian levando a cabo as accións formativas, que serán sufragadas pola entidade financieira. Nos oito primeiros meses do ano, a Cámara de Comercio formou a case medio milleiro de alumnos nuns 30 cursos diferentes. A exportación e a internacionalización son os piares fundamentais. Por outra banda, a Cámara de Comercio de Vilagarcía levará as súas empresas a Reino Unido, Colombia, Repoública Dominicana e Porto Rico. A Londres irán 12 adegas galegas, a finais do mes de novembro, a vender os seus viños. Deste mesmo sector, e do da pedra enfocado á construcción de hoteis, tamén viaxarán empresarios a Latinoamérica para coñecer as posibilidades de negocio existentes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/camara600_091013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/CmraComercio_091013.mp4{/flowplayer}