Nace en Sanxenxo a Asociación Nacional de Empresas Funerarias para crear sinerxías dentro do sector

SANXENXO> Nace en Sanxenxo a Asociación Nacional de Empresas Funerarias. Un colectivo dende o que empresarios independentes do sector de todo o Estado queren frear os abusos que, aseguran, cometen as grandes compañías. A previsión é que antes de final de ano acade os 120 membros.

Empresas funerarias de lugares tan distantes como Huelva, Cantabria, Cataluña, Castela A Mancha, Castela e León, Extremadura, Levante, Murcia e, por suposto, Galicia, están unidas dende onte nun novo colectivo. Naceu en Sanxenxo a Asociación Nacional de Empresas Funerarias.

A asociación terá a súa sede en Madrid e calcúlase que antes de finais de ano contará con ao redor de 120 membros. O obxectivo é xerar sinerxías en beneficio dos clientes dos servizos funerarios.

A Asociación Nacional de Empresas Funerarias supón un paso máis no traballo que os seus membros xa desenvolvían no marco da rede Memoranet. Apoiándose como colaboradores para facilitar as xestións e os servizos aos seus clientes en todo o Estado.

A intención do colectivo é continuar a traballar de xeito conxunto para seguir ofrecendo os servizos de mellor calidade á súa clientela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí