Catro anos de Goberno “espectacular”

    meismitinpsoe_100.jpgMEIS > O PSOE deu onte un mitin en Meis, no que o candidato da comarca ó Congreso dos Deputados, Domingo Tabuyo, …

    … estivo arroupado pola portavoz dos socialistas na vila, Marta Giráldez, e o deputado autonómico, Modesto Pose. Na súa mensaxe, Tabuyo insistiu nos catro anos de Goberno espectacular, dixo, que deixou o PSOE.

    Domingo Tabuyo mostrouse convencido do éxito que o seu partido vai acadar nas vindeiras eleccións xerais o nove de 9 de marzo. Dixo tamén que o PSOE presenta a mellor selección galega ás eleccións, con candidatos consolidados polas catro provincias, cos Ministros de Cultura e Agricultura por A Coruña e Ourense, César Antonio Molina e Elena Espinosa respectivamente, ademais de José Blanco e Antón Louro por Lugo e Pontevedra. O motivo do convencemento do socialista son os catro anos de éxitos e progreso que supuxo o goberno socialista. Un partido que subliñou, cumpre as súas promesas.

    No mitin de onte, non podían faltar as alusións ó debate do luns entre os candidatos a presidir o goberno español. Un cara a cara, do que asegurou, Zapatero, foi o claro gañador. Segundo o socialista a España que o seu partido recolleu cando chegaron ó poder era un país negativo e manchado pola mala actuación do partido popular, un xeito de facer política que desembocou na Guerra de Irak, na traxedia do Yack 42 ou no Prestixe. Porén o PSOE trouxo novos dereitos, entre eles o Estatuto dos Autónomos que en Galicia beneficia a uns 200.000 traballadores, case 20.000 no Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/mitinPSOE_280208.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés