
CAMBADOS> Os taxis de Cambados xa promocionan o recente galardón adquirido pola vila, que a acredita como Capital do Viño 2017. Unha acción ca que se pretende dar máis difusión a este recoñecemento.
A pesar da inestabilidade meteorolóxica o exterior do concello presentaba este aspecto. Os taxis da localidade “vístense de gala” para celebrar o que esperan que sexa un dos seus mellores anos en canto a turismo.
Unha iniciativa, a de estas insignias, financiada polo concello, e que non descartan ampliar a outros ámbitos como o do comercio ou a hostalería.
Uns 20 taxistas do municipio sumáronse a este xesto que estará activo na vila ata que remate o ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/cambados_cidade_vinho_taxi_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/cambados_cidade_vinho_taxi.mp4{/flowplayer}










