I Carreira Noctura Móvete por San Salvador en Poio

POIO> Poio segue movéndose a través do deporte. O Circuíto de Carreiras Poio Móvese celebra a súa segunda cita desta primeira edición.  O vindeiro sábado 26 terá lugar a I Carreira Nocturna Móvete por San Salvador.

O proxecto Poio Móvese que, dende o ano 2016, unifica todos os eventos deportivos da vila creou este ano o I Circuíto de Carreiras Poio Móvese. O programa aglutina carreiras tradicionais da localidade e organiza outras novas como a I Carreira Nocturna Móvete por San Salvador.

Neste evento tamén se ten en conta aos máis cativos. Non só para que participen na carreira senón que se levará a cabo diferentes actividades para eles.

As inscricións xa están abertas e pecharán o mércores as 12 da noite. A proba de San Salvador terá un percorrido de pouco máis de 4 quilómetros, o que a fai unha cita accesible para todos os públicos.

A curiosidade da cita é que, a pesar de chamarse carreira nocturna, o evento terá lugar de día debido ó aprazamento que sufriu a proba e ao actual cambio de hora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí