A Xunta de Galicia cederá unha planta do novo edificio á Fundación Manolo Moldes

PONTEVEDRA> O edificio da Xunta de Galicia, situado en Benito Corbal, reservará unha das súas plantas á Fundación Manolo Moldes. Máis concretamente o octavo andar que, a partires do ano que ven, converterase na sede desta Asociación. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaron esta mañá a exposición permanente do pintor pontevedrés que estará dispoñible neste edificio.

O oitavo andar do edificio da Xunta de Galicia xa ten dono. A partires do ano que ven, a Fundación Manolo Moldes terá nesta planta, de 500 metros cadrados, a súa sede. Para o acondicionamento deste espazo, que será cedido pola administración autonómica, destinarase un orzamento de 250.000 euros.

O vicepresidente da Xunta de Galicia anunciou tamén esta mañá que esta semana publicarase no DOG a adxudicación dos espazos para as diferentes asociacións e colectivos da cidade. En total serán 26 os beneficiados.

Alfonso Rueda tampouco quixo pasar por alto o traslado das oficinas de emprego.

A intención da Xunta de Galicia é que a partires do mes de setembro, este edificio, situado na rúa Benito Corbal, estea a pleno rendemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí