O pleno aproba por unanimidade o inicio das obras do parque infantil en Médico Ballina

Pontevedra> Outra das mocións que tamén estivo sobre a mesa nesta xornada, e que tamén viu acompañada de veciños da zona, foi a proposición do PP sobre o futuro do parque na Rúa Médico Ballina. Unha iniciativa que foi aprobada, pese ao intenso debate plenario, por unanimidade e sobre a cal o Goberno Local dixo que comezarán coas obras o antes posible.

O parque da rúa Médico Ballina prometido no 2012 por Luis Bará volveu unha vez máis ao debate plenario. O PP presentou unha iniciativa centrada na construción deste parque.

Unha iniciativa apoiada por Ciudadanos

Tamén por Marea e polo PSOE.

Dende o Goberno Local deixaron claro que están facendo todo o posible para levar a bo porto este parque na rúa Médico Ballina, un compromiso que cumprirán o antes posible, dixo nesta xornada Alberto Oubiña.

Unha iniciativa, que pese ao debate plenario, aprobouse por unanimidade cos votos a favor de todos os concelleiros da corporación.