SANXENXO> Temperaturas por riba dos 30 grados na Comarca do Salnés. Coa primeira onda de calor do ano saímos a rúa a coñecer como se senten os veciños da comarca. Aproveitar para pasear e ir a praia son as eleccións máis comúns.
Inda estamos en primavera pero xa chegou a primeira onda de calor. A fin de semana os termómetros superaron os trinta grados na comarca do Salnés. A veciñanza agradece o ascenso das temperaturas.
Os veciños aproveita o bo tempo para gozar do noso entorno.
As rúas de moitas vilas da comarca estiveron abarrotadas de xente durante toda a fin de semana. Segundo os veciños, o bo tempo atraeu a moitos turistas.
Como di o refrán, ata o corenta de maio non te quites o saio, así que é momento de aproveitar o bo tempo pero sen esquecer a previsión de choiva da vindeira fin de semana.