Aparatoso accidente en Ribadumia: envorca o camión do lixo nunha rotonda da autovía

RIBADUMIA> Aparatoso accidente o rexistrado esta tarde en Ribadumia. Un camión do lixo envorcou na rotonda de saída da Autovía do Salnés. En concreto, o sinistro tivo lugar no quilómetro 9 en dirección Pontevedra.

A pesar do aparatoso do accidente, non hai que lamentar persoas feridas. O 112 Galicia recibiu unha chamada avisando dos feitos contra as 4 e media desta tarde. Decontado, avisouse aos efectivos sanitarios, por precaución, e tamén á Garda Civil, aos Bombeiros do Salnés e a Protección Civil.

Ademais, foi preciso cortar un carril no tempo no que se tardou en limpa-lo lixo que que transportaba o camión e que quedou esparexido pola calzada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí