Xunta e concello de Cambados cruzan acusacións polo retraso das obras do colexio de San Tomé

CAMBADOS> Polémica inauguración das reformas do colexio de San Tomé de Cambados. Xunta e Concello cruzaron acusacións sobre o motivo polo cal o proxecto tivo que retrasarse. Á marxe desta disputa, a escola conta agora cun novo comedor, un servizo para persoas con mobilidade reducida e un local para a Anpa.

A xunta de Galicia e o concello de Cambados inauguraron as novas instalacións do colexio de San Tomé. Unha obra froito da colaboración entre ambas administracións que permite dotar ao centro de novos espazos como un comedor escolar, un servizo para persoas con mobilidade reducida e un local para a Anpa.

A inauguración estivo marcada pola polémica. Xunta e concello cruzaron acusacións sobre o motivo polo cal o proxecto tivo que retrasarse. A obra que ía ser financiada a partes iguais, finalmente foi asumida nun 90 por cento pola Xunta de Galicia, debido a que a prórroga do convenio impediu ao concello optar ás axudas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Dende o organismo autonómico sinalan que esta prórroga estaba prevista.

Dende o concello culpan á xunta de retrasarse nos prazos.

Á marxe das disputas, ambas administracións mostraron o seu compromiso de seguir colaborando co centro. O concello contratará a dous monitores para o comedor escolar e manterá a súas tarefas de mantemento. A xunta de Galicia encargarase de dotar ao comedor con todo o equipamento necesario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí