Costas destinará catrocentos mil euros á rexeneración de Testal

    NOIA> Costas investirá catrocentos mil euros na mellora da praia de Testal en Noia. Esta actuación vense sumar ós traballos de rexeneración da ría e acondicionamento da fachada marítima que o departamento estatal está a acometer no municipio. A principios de setembro, o alcalde de Noia viaxará a Madrid para manter un encontro con responsables da Demarcación de Costas do Estada. Baixo o brazo, numerosos proxectos. Un dos máis inminentes a rexeneración da franxa costeira de Testal A construción dunha senda peonil dende o areal ata Taramancos, evitará o acceso rodado á zona dunar impedindo que se siga a deteriorar esta área de tanto valor ecolóxico. Esta actuación que xa se atopa en fase de exposición pública vense sumar a outros ambiciosos proxectos que Costas está a acometer no concello noiés que tamén se abordarán neste encontro. O alcalde noiés aproveitará a súa viaxe a Madrid para solicitar a construción dun acceso peonil dende Abruñeiras a Río do Porto de xeito que se habilite un paseo duns sete quilómetros