O novo Plan E dará traballo en Vilagarcía a uns 108 persoas

    bipartito100.jpgVILAGARCÍA> O Concello calcula que as catorce obras a financiar co novo Plan E ocuparán a un mínimo de 108 traballadores.

    A cifra inclúe tanto a persoal de plantel como novas contratacións de persoas en paro.

    Segundo esta valoración, os proxectos que conlevan a maior ocupación de traballadores son os que requiren máis investimento, caso da mellora das instalacións do mercado de abastos, ó que se destinará máis dun millón de euros; ou a rehabilitación do edificio do balneario para centro de formación e emprego, cun presuposto de 681 mil euros. Nestes casos, a estimación é de que se precisarán uns 15 traballadores por obra. O mesmo, que pasará no Centro Socio Cultural de Trabanca Sardiñeira, que se leva 350 mil euros dos fondos estatais.

    A segunda fase do Centro Cultural de Bamio precisará, a lo menos, de 10 traballadores, mentres que a mellora das redes de saneamento en Fontecarmoa e a recuperación urbana do Xardín Histórico de Ravella contarán cun mínimo de 8 traballadores cada unha.

    Neste segundo plan, o bipartito financiará cos 4 millóns dos fondos anticrise do Estado un total de 15 proxectos, amais das 14 obras, decidiuse destinar 200 mil euros para gastos correntes dos servizos sociais.

    Redacción Salnés