
VILAGARCÍA> Os nenos do colexio de Rubiáns recibiron esta mañá unha visita moi especial. O ciclista Gustavo César Veloso fixo parada no centro, encargándose dunha charla e propoñéndolles divertidos circuítos para que fixeran sobre a bicicleta. Un xeito divertido de afrontar os últimos días de clase.
Os nenos do colexio de Rubiáns viviron esta mañá unha xornada diferente. O ciclista Gustavo César Veloso revolucionou o horario escolar para convertelo nunha divertida mañá ao redor da bicicleta.
Como toda clase que se prece, á parte teórica lles seguiu a práctica. En improvisados circuítos instalados no patio, os pequenos tiveron que demostrar a súa pericia.
A maioría dos pequenos teñen un contacto habitual coa bicicleta, pero da charla cun profesional tamén sacaron cousas en claro. O que máis callou foron os consellos de seguridade.
Tamén gozou da actividade o seu protagonista. Gustavo César Veloso destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que axudan a promover o deporte entre os máis pequenos.
Un xeito orixinal e ameno para levar do mellor xeito posible os últimos días que quedan para acabar o curso.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/veloso_nenos_rubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/veloso_nenos_rubians.mp4{/flowplayer}






