Industria, comercio e hostalería secundan a folga no Salnés

    comercio_folga_xeral29m copy.jpg VILAGARCÍA> Segundo os sindicatos o seguimento da folga xeral no Salnés é practicamente do cento por cento.

    {flowplayer}images/salnes/SEGUEMENTO_HOSTALERIA_290312.flv{/flowplayer}

    Os piquetes, informativos, quixeron deixar claro os sindicatos, a penas tiveron traballo e xa, desde a mañá cedo comprobaron que as industrias da comarca estaban pechadas.

    O mesmo pasou no comercio e na hostalería. En Vilagarcía, nesta xornada tódolos establecementos da cidade secundaron a folga.

    A cidadanía, en xeral, considera que esta folga é necesaria pero non ven claro que vaia a servir de moito, á hora de que o Goberno Central recúe e retire o decreto da reforma laboral.

    Redacción Salnés