Esponxas de baño 100% vexetais “made in Caldas”

    CALDAS> O Salnés non só é terra de vides ou de millo. Dende hai uns días sabemos que o noso campo tamén dá fibras que permiten a producción de esponxas vexetais. Isto é grazas a un longo proceso e un arduo traballo científico levado a cabo por unha xoven parella de Caldas. Agora, tras anos de traballo á sombra, están listos para conquistar os mercados. Detrás desta idea atópanse unha xoven parella: Juan Carlos e Noelia, enxeñeiro forestal el e arquitecta ela. Tras catro anos de investigación e estudios que deron os seus froitos, poñen en marcha esta empresa, Ibérica de Esponxas Vexetais, coa que pretenden tamén reactivar a agricultura na zona. Estes enromes pepinos en realidade son luffas cylindricas. Eses traballos realizados durante os últimos anos permitíronlles mellorar a calidade da fibra que dan. Agora poden facer dende esponxas de baño normal, a outras máis suaves para bebé, ou incluso algunhas máis rudas para limpar vitrocerámicas. Todo 100% vexetal. A química non entra en ningúnha parte do proceso. Juan Carlos agarda que a empresa poida comezar a dar resultados no vindeiro ano. En 2012 producíu 20.000 unidades, vendeu a metade delas e a outra regalounas, mandándoas por medio mundo a modo de campaña de marketing. A cousa funcionou e agora recibe chamadas de Australia ou Estados Unidos reclamándolle máis cantidade. Ademais da versattilidade do producto que elabora, do seu lado está a súa durabilidadade e o prezo de mercado. Ibérica de Esponxas Vexetais ten agora mesmo luffas plantadas en diferentes parcelas do concello de Caldas. En total 18.000 metros cadrados aínda que non se descarta extendela se o negocio funciona. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/esponxas600_181013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/esponxas_181013.mp4{/flowplayer}