PONTEVEDRA> Durante estes últimos días estívose a celebrar en Pontevedra o Torneo ITF Junior. Pois ben, unha vez rematada a cita da Cidade do Lérez, os tenistas desprazáronse a Sanxenxo onde xa comezou a duodécima edición deste campionato. O evento foi presentado na Deputación de Pontevedra. Trátase do primeiro torneo de categoría ITF que se celebrou en España. O de Sanxenxo é o polo tanto o máis antigo dos seis que se celebran no país. Xusto despois do de Pontevedra, para favorecer a viaxe dos tenistas estranxeiros, chega a duodécima edición deste torneo internacional junior, organizado pola Federación Internacional deste deporte e no que se dan cita boa parte dos mellores xogadores a nivel mundial. Ten lugar no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo. Ademais dos españois, hai representantes doutros 64 países, que completan unha nómina de 140 tenistas, tanto masculinos como femeninos. Unha das grandes novidades deste ITF de Sanxenxo é que poderá ser seguido en directo a través de internet, adscribíndose á páxina www.tenisjuniortv.com. Un paso máis para que este torneo e este deporte sigan medrando. Aínda que a chuvia fixo acto de presencia, onte xa comezaron a disputarse os primeiros partidos correspondentes ás roldas previas. Mañá iníciase o cadro final, de 32 xogadores. As semifinais e finais quedarán para sábado e domingo. Unha vez rematada esta competición o Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo acollerá a celebración do 6º Torneo Internacional Cadete. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/tenis600_211013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/tenis_211013.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes