Reapertura das instalacións cun novo discurso museolóxico

POBRA> O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, presidíu esta pasada fin de semana a inauguración das obras de remodelación levadas a cabo nos últimos meses no museo Valle-Inclán. A ofrenda floral ante a estatua de Valle-Inclán no Cantón da Leña foi un dos momentos emotivos do acto, incluído dentro da programación das xornadas dedicadas a honrar a memoria do insigne escritor arousán, e que se celebran no municipio pobrés dende hai xa quince anos. Ademais do titular de Cultura, Jesús vázquez, e o propio alcalde pobrense, Isaac Maceiras, ó acto tamén asistiu o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, un dos netos do creador do ‘esperpento’ e outros membros da corporación municipal, así como tamén un nutrido grupo de veciños. Despois da ofrenda os actos continuaron no interior do propio museo Valle-Inclán, on de se procedeu á súa reapertura, despois de permanecer pechado durante un tempo a consecuencia das obras de reforma e á modificación do seu discurso didáctico. Foi o propio director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, o encargado de acompañar ás autoridades e explicarlle os cambios realizados nas instalacións. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, destacou a importancia das obras levadas a cabo no museo, que non veñen máis que a poñer en valor a figura de Valle. Con anterioridade, no salón de plenos do concello, o titular de Cultura asinaba cos alcaldes da Pobra e Vilanova un protocolo de colaboración a través do cal se pretende dar a coñecer aínda máis a figura e a obra do autor de Luces de Bohemia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/inauguracionnovassalasmuseovalle-inclan211013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/inauguracionnovassalasmuseovalle-inclan211013.mp4{/flowplayer}