![]()
SANXENXO> Piscis soña cunha victoria en San Pedro que poida reenganchar ó equipo na loita pola permanencia. O Vilalonga, sin presión, busca unha victoria que lle coloque nunha posición aínda máis tranquila.
{flowplayer}images/salnes/terceira_030212.flv{/flowplayer}
A priori trátase dun derbi bastante desigual, canda menos así o corroboran os 19 puntos de diferencia entre ambos na clasificación. Sen embargo as forzas deberían igualarse tendo en conta a necesidade do Sanxenxo de puntuar. O obxectivo do equipo a curto prazo é reengancharse ó grupo traseiro para poder verse con opcións reais de salvación.
Moito máis tranquilo está un Vilalonga ó que lle poderían bastar catro ou cinco triunfos de aquí ó remate de temporada para salvarse. As numerosas baixas coas que Gabi Leis tivo que afrontar os últimos partidos non están a pasar factura. A incorporación de Denis, semella que foi un acerto. A de Borja Domínguez está por ver, aínda que podería desfrutar de minutos o domingo.
Quen si vai ter minutos é Diego Blanco que volve a San Pedro tan só dez días despois de abandonar o club celeste. Esta semana foi o mellor asesor posible para un Piscis que está a preparar o partido a conciencia. Os visitantes recuperan a Nel e Fiti para a cita mentres que no cadro local perden a Nelo por sanción.
Na ida o Vilalonga levouse a victoria de Baltar de Arriba por 0-2, con goles de Pablo e Saúl. Os dous precedentes entre ambos conxuntos en San Pedro e na Terceira datan de hai trece e catroce anos, respectivamente: a primeira vez golearon os locais por 3-0 e na segunda ocasión venceron os visitantes por 0-1.
Redacción Salnés





