Os presupostos da Xunta destinan 10 millóns de euros ó Salnés

    SALNÉS> É o que reflicten os orzamentos presentados polo goberno autonómico. Preto da metade desa inversión irá destinada á ampliación do hospital comarcal. Tamén percibirán partidas importantes o pavillón de Monte da Vila, no Grove, ou a nave multiusos do porto de Tragove. Os orzamentos xerais da Xunta para o ano 2014 contemplan unha inversión de case 10 millóns de euros na comarca do Salnés. Boa parte destes fondos irán destinados a Vilagarcía. Para a ampliación do Hospital prevese unha inversión de 4 millóns de euros, contando as partidas destinadas a maquinaria e mobiliario. Supón o 40% do montante global que percibe o Salnés. Unha nova acollida con optimismo dende a xunta de persoal, xa que a reserva destes 4 millóns súmase á adxudicación da redacción do proxecto, polo que semella que desta volta si se vai levar a cabo. Medio Rural e Mar tamén financiará melloras no servizo de Gardacostas, por valor de 2 millóns de euros e en menor cantidade na potenciación do Intecmar, en Vilaxoan, que recibirá case 390.000 euros para mellorar a rede de control e supervisión do estado das augas dende o punto de vista alimentario. Outra das grandes inversións vaise para O Grove, con 900.000 euros distribuídos en tres partidas para a construcción do novo pavillón polideportivo de Monte da Vila. Para Cambados irá a parar case un millón de euros para a nave multiusos de Tragove e 459.000 da Consellería de Traballo para o centro de día. Tamén está orzamentada a segunda fase da recollida de verquidos do Saco de Fefiñáns. Tamén Traballo destinará 200.000 euros para a ampliación da gardería de Vilanova. Para Pontevedra aparace pouco máis dun millón de euros para o Hospital de Montecarrasco, unha cifra que antóllase insuficiente como para ver un avance importante no proxecto. A Cidade do Lérez lévase 5,2 millóns de euros para a construcción de vivendas de protección pública en Valdecorvos e 2,5 millóns para o novo edificio xudicial da Parda. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/presupostos600_211013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/presupostos_211013.mp4{/flowplayer}