A militancia referenda a lista encabezada por Enrique León

    asembleapsoevilagarcia_100_200207.jpgVILAGARCÍA > A Asemblea local referenda a renovada candidatura encabezada por Enrique León. Nos 11 primeiros só repiten tres …

    … dos actuais edís do goberno local, Rodríguez Cuervo, Carlos Guerrero e Victoria Hierro. Como xa estaba previsto pechará a candidatura, de número 21, o actual alcalde Javier Gago.

    asembleapsoevilagarcia_200_200207.jpg‘Podíase facer outra pero non tan boa’, así de explícito se manifesta o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Enrique León Calviño sobre a súa lista electoral. A candidatura encabezada polo ex comisario recibiu onte o respaldo da asemblea local, con 78 votos a favor e 30 abstencións. A Casa do Pobo de Vilagarcía, sede do Partido Socialista, estivo onte á noite abarrotada de militantes que acudiron á convocatoria para referendar a lista coa que buscan seguir á fronte do goberno municipal.

    Enrique León Calviño sinalou a TVSB que o acompaña nesta aventura electoral un equipo cohesionado, cunha parte de renovación e outra de aproveitamento da veteranía dalgúns dos edís actuais. Como xa adiantamos, nos postos de saída van, detrás de María Dolores García, número 2, Manuel Rodríguez Cuervo, Carlos Guerrero e María Victoria Hierro.

    Sobre a asemblea de onte, León destacou que foi un modelo de participación democrática na que houbo intervencións moi interesantes, e algunhas críticas, que cualificou de constructivas. A primeira delas veu do actual alcalde, Javier Gago quen lamentou que non se incluíran en postos de saída a máis membros do seu grupo de goberno. Tamén interviron María del Carmen Prieto e Tuco Renda, que recriminaron as formas da organización na elaboración das listas, xa que se contara con eles desde o principio e a última hora foron desprazados por novas incorporacións.  

    Candidatura

    Acompañando ó ex comisario da Policía Nacional Enrique León na candidatura do PSOE en Vilagarcía, de número 2 vai Dolores García Jiménez, de Vilagarcía, avogada e actual xefa do Servicio de Xestión Económica do Sergas. Os seguintes postos na lista van para 3 dos actuais edís do grupo municipal. 3º será Manuel Rodrígez Cuervo, actual responsable de Obras Públicas, Servizos e Rural. 4º, Carlos Guerrero, edil de Deportes, e 5ª Victoria Hierro, de Educación e Muller. No posto número 6 está o historiador de Carril Marcelino Abuín Duro, quen xa foi edil polo PSOE na lexislatura 87-91.

    Ata o número 11, a lista continúa por Dolores Couso, de Vilaxoán, José Membrives, secretario comarcal de UXT, Susana Camiño, presidenta da Asociación de Mulleres de Carril, Tania García, traballadora social de Cáritas, e Álvaro Carou, secretario xeral de Xuventudes Socialistas.

    León inclúe na súa lista ó resto de edís do actual grupo de goberno pero máis ben en postos de recheo. O concelleiro de Seguridade e Protección Cidadá, Alejandro Quintela, irá de número 17. A de Servicios Sociais, Sanidade e Consumo, Silvia Rubianes, de 18, o de Urbanismo e Medio Ambiente, Francisco de la Barrera, de 19, e pecha a candidatura de 21 o actual alcalde Javier Gago, despois de Rosina Villaverde. O edil de Cultura Roberto Araújo e a de Xuventude María Araújo ocuparán os postos de suplentes, xunto con Lino Mouriño, secretario xeral do PSOE local.

    Redacción Salnés