A casa consistorial de Ribeira loce nova exposición

RIBEIRA> Este mediodía inaugurábase unha nova exposición no hall da casa consistorial de Ribeira. A mostra, organizada en colaboración coa galería local O Faiado, recolle pinturas e fotografías dun total de dez artistas da comarca. Poderá visitarse ata finais de abril.

Dende hoxe ata o vindeiro 30 de abril todas aquelas persoas que se acheguen ó concello de Ribeira poderán visitar unha exposición colectiva integrada por unhas corenta obras dun total de dez artistas da comarca, na súa maioría ribeirenses. A mostra organizada da man da galería local O Faiado, recolle pinturas e fotografías de moi diversa temática.

Ademais de Antonio Pérez, na mostra exhíbense traballos de Beatriz Martínez del Campo, Santarelli, Maralla ou Novais, así como tamén de Manuel Paz, Óscar García, María Porto e Olegario Sampedro.