O PSOE chama á mobilización na folga da Educación

PONTEVEDRA> O PSOE como partido apoio e participa oficialmente na convocatoria de folga de Educación do vindeiro día 24 de outubro. Os socialistas vense obrigados a ser coherentes ca oposición que veñen mantendo desde o principio á coñecida como a Lei Wert. Para o vindeiro xoves día 24 está convocada unha folga en Educación a nivel estatal que o PSOE non só apoia senón que participará activamente. Desde o PP de Pontevedra pensan que está é a única postura coherente ca que viñeron mantendo desde que o Ministro Wert plantexou esta LOMCE. Para os socialistas medidas impostas polo PP como o incremento dos alumnos por aula, a implantación das reválidas, a retirada dos libros de texto de balde, do copago nos comedores e a reducción do número de bolsas son unha clara mostra da involución no sistema educativo; un paso atrás que ten o seu cumio na coñecida como Lei Wert que pensas derogar en canto poidan. O PSOE pontevedrés fai un chamamento á cidadanía, especialmente á comunidade educativa, para que participe na manifestación convocada para o propio xoves ás sete e media da tarde, na pontevedresa Praza da Ferrería. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/psoe_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/PSOE_FOLGA_EDUCACION.mp4{/flowplayer}