¿Pontevedra ou Londres?

PONTEVEDRA Javier Gómez Noya terá que decidir se participar este ano no Triatlón de Londres ou quedar na súa terra e tomar parte do Campionato do Mundo de Duatlón. O comité organizador deste evento quedou constituído esta mañá en Pontevedra, cidade na que se disputará, e acordou fixar como definiticas os días 31 de maio e un de xuño para a celebración das probas. Os mesmos nos que se realizará o Triatlón londinenes. O elevado número de prerreservas decantou a decisión. Esta mañá quedaron constituídos en Pontevedra o Comité Organizador do Campionato do Mundo de Duatlón e o comité executivo. O primeiro estará presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o segundo polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández. Na súa primeira xuntanza fixouse a data definitiva na que se disputará a proba: o 31 de maio e 1 de xuño do 2014, malia coincidir no calendario co Triatlón de Londres. O elevado número de prerreservas que xa están realizadas, preto de 400 de duatletas ingleses e canadienses decantaron a decisión. Na xuntanza deuse conta tamén do orzamento que se manexará para o campionato, uns 400.000 euros. Parte dos ingresos virán das inscricións, o contrato cun touroperador que se encargará das reservas e patrocinios privados. A cota de participación fixouse en 155 euros para os duatletas estranxeiros e 100 para os españois e portugueses. Tamén quedou esbozado o circuíto das probas, o mesmo que se seguiu no campionato de Europa de Triatlón, polo que os atletas volverán correr polas rúas do centro histórico. Pontevedra aspira a bater nesta edición o récord de participación e supera os 1.200 competidores. Polo momento a secretaría xeral do Deporte xa confirmou a súa participación no evento cunha achega económica aínda por determinar e a cesión dos espazos do Centro Galego de Tecnificación así como outras fórmulas por concretar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/COMITEDUATLON.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/COMITE_DUATLON.mp4{/flowplayer}