Os comerciantes de Rey Daviña, ameazados polos asolagamentos

    VILAGARCÍA> En días de intensas chuvias, como o de onte, foron moitas as zonas do Salnés que sufriron percances de diferente índole. Un lugar onde se veñen repetindo os asolgamentos é na Rúa Rey Daviña e na Praza de Galicia, en Vilagarcía. Os comerciantes están fartos de que esta situación se repita continuamente e piden ó goberno local que actúe. Os asolgamentos nos establecementos do centro de Vilagarcía son xa un clásico do outono-inverno. A tromba de onte provocou que moitos comerciantes tiveran que tirar de inxenio para evitar que a auga lles entrase pola porta. E é que din que a obra de peonalización foi unha chapuza e que cada vez que chove as rúas enchárcanse. A maioría apunta ó goberno de Tomás Fole como parte culpable desta situación. Pídelle que actúe de xeito inmediato para evitar que esta problemática se repita durante o inverno e lles provoque perdas aínda maiores ás que a propia crise lles está a inflixir. Por mor das queixas, dende o goberno local emitiron un comunicado no que aseguran que tódolos tragantes limpáronse a fondo hai dúas semanas e que polo tanto onte non estaban cheos de area. Achacan as inundacións a que a rúa está situada por debaixo do nivel freático das augas naturais e a unha capacidade insufieciente da rede de recollida de pluviais. Pero non avanzan posbiles actuacións nela. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/comerciantes600_221013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/comerciantes_221013.mp4{/flowplayer}