O PSOE cualifica os orzamentos da Xunta como “os do paro”.

PONTEVEDRA> O PSOE ven de analizar polo miúdo os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2014. Nesta previsión de gasto, os socialistas aprecian despilfarro por unha banda, mentiras no gasto social e promesas incumpridas de xeito reiterada. Amais aseguran que van a levar a un novo retroceso en materia de emprego. O PSOE vai a presentar varias emendas ó orzamento da Xunta de Galicia para o ano que ven, o que eles cualifican como os “orzamentos do paro”. Os socialistas desmenten a cantidade a investir en gasto social, que segundo eles é menor do prometido, dun 62.3 %. Amais o feito de que a RISGA medre nun 7 % supón para eles, unha aposta pola beneficiencia e non pola productividade nin a creación de emprego. Denuncian tamén que SOGAMA incrementará un 33 % o canon de residuos, en contra das promesas do Presidente da Xunta de Galicia e, ademais, quedan no tinteiro, importantes obras no entorno de Pontevedra como o dragado da Ría, a depuradora de Poio, a variante de Alba, a estrada a Vilagarcía, o edificio dos Xulgados; e tamén na Arousa onde salientan que só achegan a metade da cantidade prometida para o Saco de Fefiñáns, a maiores destoutras carencias. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/psoe_ponte2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/22/REACCION_PRESUPOSTOS_PSOE.mp4{/flowplayer}