As confrarías súmanse ás protestas dos armadores de altura

    paro_pesca_100.jpgCAMBADOS > A Federación Galega de Confrarías secundou hoxe o paro e as protestas dos armadores de altura, que viaxaron hoxe ata Madrid para protestar …

    … ante o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño para pedir medidas de control ante a continua suba do combustible. Isto fixo que hoxe boa parte das confrarías do Salnés, que se sumaron a maioría á protesta, pechasen as súas portas, e que os barcos permanecen amarrados ó Porto.

    Flota amarrada e lonxas pechadas. Esta é a imaxe que se reproduciu hoxe en moitos portos e confrarías galegas. Parte da pesca de baixura, e tamén do sector do marisqueo, secundaron o paro dos pescadores de altura polos altos prezos do combustible, a caída dos prezos do peixe na primeira venta e o maior control sobre as importacións. A medida de apoio tomada pola Federación Galega de Confrarías foi por solidariedade, e tamén porque ós pescadores de baixura, lles afectan a continua subida po prezo do gasóleo. E é que se antes o combustible supoñía entre un 20 e 25 por cento dos custes de explotación dun barco, agora supera o 50 por cento.

    Dende Galicia, partiron autobuses de Vigo e A Coruña para asistir á protesta en Madrid . Así e todo algunhas confrarías de pesca de baixura continuaron hoxe abertas coma de Carril ou o Grove, e dende a Consellería de Pesca lembran que un 70 por cento da flota de baixura traballou hoxe. Pero o certo é que mañá, logo do parón de hoxe de moitos armadores, moitas lonxas terán que pechar as súas portas ó carecer de peixe fresco.

    Dende Cepesca, a patronal española do sector, subliñan que o prezo do combustible se multiplicou nun 230 por cen nos últimos cinco anos, mentres o prezo do peixe en primeira venta apiques sufriu variación algunha dende hai 20 anos.

    A partir de mañá a flota de altura vai iniciar un amarre indefinido en toda España, que podería provocar o desbastecemento dos mercados. Os armadores de baixura tamén trazarán un calendario dos días que se sumarán ó paro. Será ata que o Goberno lles aporte solucións que impidan que teñan que poñer o amarre definitivo ós seus barcos.

    Redacción Salnés