![]()
VILANOVA> O PP quedouse só no pleno deste luns á hora de autorizar a venda da parcela municipal do centro comercial de San Miguel para pagar Vista Real.
{flowplayer}images/salnes/pleno_vilanova_270312.flv{/flowplayer}
Ese dez por cento do solo que lle corresponde ó Concello son algo máis de dous mil metros cadrados. Sairán a subhasta a un prezo mínimo dun millón de euros e, por convenio, a promotora da área comercial presentará unha oferta, polo que se garante a súa venda.
PSOE e BNG abstivéronse neste asunto. Os nacionalistas consideraron esta operación pan para hoxe e fame para mañá e ademais criticaron a operación que deu luz verde ó centro comercial. Para o alcalde este é un ataque contra os catrocentos postos de traballo que se crearán nesta área.
Onde si houbo unanimidade foi á hora de por o nome de Julio Camba ó xardín de Vilamaior, no Esteiro, coincidindo co 50 aniversario da morte do escritor. Neste pleno tomou posesión como edil o novo portavoz do PSOE, José Luís Tourís Oubiña.
Redacción Salnés








