A Feira de Oportunidades de Cambados adáptase aos protocolos sanitarios neste 2020

CAMBADOS> A Feira de Oportunidades do comercio de Cambados escapa da vaga de cancelacións pola COVID-19. A cita celebrarase do 14 ao 16 de agosto no paseo da calzada, e contará con 27 expositores. Será, iso si, cumprindo cun estrito protocolo de seguridade.

O comercio de Cambados non renuncia á súa feira de oportunidades. A cita resiste no calendario a pesares da COVID-19. Será os días 14, 15 e 16 de agosto no Paseo da Calzada, e cumprirá cunhas estritas normas de seguridade sanitaria.

Nesta edición participarán 27 expositores: 20 de comercios cambadeses e 7 dos concellos dos arredores. Segundo o presidente de Zona Centro, o téxtil terá un importante peso na oferta, aínda que os comercios levarán ata os seus stands todo tipo de produtos

Zona Centro e concello de Cambados coinciden á hora de sinalar a importancia desta cita para incentivar a economía do pequeno comercio da localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí