Aulas baleiras en contra da LOMCE

    Tamén no Barbanza e Muros-Noia se viviu con especial relevancia esta xornada de folga na Educación, cun alto seguimento tanto no alumnado coma no profesorado.

    Nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia o seguimento da folga foi bastante alto, con cifras máis próximas ó 80% que daban os sindicatos e a Federación de ANPAS, que ó 26%, que sinalaban dende a consellería de Educación. Nalgúns centros como colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal a incidencia da folga no alumnado chegou case ó 90% mentres que no profesorado rondou o 43. Cifras similares neste mesmo concello, no colexio Pilar Maestú, no que tan só asistiron once dos oitenta alumnos matriculados e a metade dos profesores, mentres que no Fernández Varela tan só acudiron a clase uns 30 nenos dos 120 que cursan estudos. No Santa Baia de Boiro tan só secundaron a folga 18 profesores do total do cadro de persoal composto por 43 mentres. Entre os alumnos, maior incidencia coa asistencia de 120 sobre os 550 matriculados. No IES da Pobra do Caramiñal ningún alumno de ciclos formativos acudiu hoxe a clase dos 63 matriculados, mentres que en Bacharelato tan só asistiron a clase tres dos 71 matriculados. En canto á ESO foron tan só 28 dos 312 matriculados. Entre os profesores, dunha plantilla de 60, só asistiron hoxe a clase 24. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/seguimentofolgaensinobarbanza241013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/seguimentofolgaensinobarbanza241013.mp4{/flowplayer}