O BNG acusa a Xunta de volver a discriminar á comarca noiesa

    NOIA> os nacionalistas botan en falla medidas para a creación de emprego e de apoio ós sectores produtivos, así como tamén investimentos en políticas sociais.

    A deputada do BNG, Ana Pontón, considera que os orzamentos da Xunta para este ano 2014 certifican unha vez máis o escaso interese do Goberno Autonómico coa comarca de Muros-Noia. Segundo ela non hai nada novo, non aparece ningunha partida para a rexeneración da ría e dase un total abandono das políticas de índole social. A nivel local, o BNG noiés preocúpanlle entre outras cuestións a falla de partidas nestes presupostos para a gardería municipal, o desenvolvemento da ärea de Rehabilitación Integral ou a construción de vivendas de promoción pública. Dende a Asemblea Local de Muros, o seu responsable local, Manuel García, fai referencia tamén a unha necesidade real que tapouco aparece nos orzamentos como é a construción da escola infantil de Esteiro. Para tratar de solucionar estas carencias, o BNG ten previsto presentar diversas emendas, tanto á totalidade como a diversas partidas específicas, que veñen a paliar as principais eivas detectadas nesta comarca. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/bngvaloracionorzamentosmurosnoia311013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/bngvaloracionorzamentosmurosnoia311013.mp4{/flowplayer}